Xurxo Souto promociona a berros as compras en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O polifacético Xurxo Souto protagonizou este mércores un acto promocional da campaña Pontevedra, Capital Shopping que potencia o pequeno e mediano comercio xa que os consumidores dispoñen das mellores oportunidades para realizar as compras, dado que toda a cidade pode considerarse como un grande centro comercial.
Ademáis repartíronse guías que engloba a grande diversidade de propostas comerciais da cidade. A publicación divide o grande centro comercial urbano en cinco zonas: Casco Vello, San Antoniño, Centro, Campolongo e Eduardo Pondal, onde a través dun mapa ao que se aplica a filosofía do metrominuto, aparecen as diferentes propostas comerciais comprendidas nese espazo.
Xurxo Souto fixo todo un pregón da nova ferramenta da que dispoñen os consumidores. O acto celebrouse diante das ruínas de San Domingos coa concelleira Anabel Gulías como anfitriona.
Relacionadas:
-
E ti, coñécesme?
Por Alejandro Espiño |
-
A moda infantil súmase ao desfile do comercio de Rosalía de Castro
Por Alejandro Espiño |
-
Os comercios do centro histórico premian aos seus clientes con mil euros en vales de compra
Por Oskar Viéitez |
-
A Verdura vístese de pasarela de moda nunha nova xornada de Capital Shopping
Por Redacción |
-
Cinco mapas indicarán onde e que se pode mercar no comercio local pontevedrés
Por Redacción |
-
A proposta de 'Pontevedra Capital Shopping' adéntrase no Mercado de abastos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |