Reclamarán a ampliación das beirarrúas na PO-308 ao seu paso pola Lanzada
Por Redacción
Representantes da Plataforma da PO-308 reuníanse este mércores co alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e co concelleiro de Infraestruturas, Daniel Fernández. Durante este encontro acordáronse algunhas das modificacións que a administración local propoñerá á Consellería de Infraestruturas para a súa incorporación na primeira fase do proxecto de seguridade que se acomete no tramo da Lanzada.
Unha destas propostas céntrase na ampliación das beirarrúas de forma que en dirección ao Grove prolónguense o máximo posible e que se executen beirarrúas na cesión urbanística feita ata chegar a Soutullo en dirección a Portonovo, sen necesidade de que se executen novas expropiacións.
Na beirarrúa da zona de Major, a modificación consistiría en prolongar as beirarrúas dispoñendo das máximas prazas de aparcadoiro, segundo apuntan desde o goberno local de Sanxenxo.
Outra proposta consensuada que se trasladará á Xunta será a de que se permitan todos os xiros nos cambios de sentido que se van a habilitar e que estes sexan os máximos posibles.
Tamén se tratou o tema dos peches das propiedades, unha vez pechado o procedemento de expropiación, onde se pide á Consellería que se realicen os axustes necesarios para minimizar os efectos, transformando o aparcadoiro en batería previsto nun estacionamento en liña.
Relacionadas:
-
O novo tramo de senda peonil entre Major e Portonovo mellorará o acceso ás praias e as paradas de autobús
Por Redacción |
-
O paseo entre A Lanzada e Portonovo terá unha nova senda para peóns e ciclistas de 1,2 quilómetros
Por Redacción |
-
Os veciños queren que se teñan en conta as súas demandas nas obras da PO-308
Por Redacción |
-
O PSOE pide á Xunta que reforce a seguridade vial no proxecto de mellora da PO-308 na Lanzada
Por Redacción |