Arde unha campá extractora nunha vivenda da rúa Riestra
Por Redacción
Unha dotación dos Bombeiros de Pontevedra acudía arredor das 16:30 desta tarde ata o edificio número 18 da rúa Riestra para sufocar o lume que se iniciara nunha campá extractora dunha das vivendas do inmoble.
Na intervención, os bombeiros sufocaron as chamas e actuaron na instalación eléctrica. A continuación procederon a airear a vivenda debido á presenza de fume. Segundo os primeiros indicios, a causa do lume encontraríase nun curtocircuíto.
O incendio non provocou danos persoais e soamente se rexistraron danos materiais na cociña da vivenda. En apenas vinte minutos, os bombeiros finalizaron a súa intervención.