A renovación dos vogais do IMD, obxecto de 'celebración' para o PP
Por Redacción
A recente xunta reitora do Instituo Municipal de Deportes (IMD) de Pontevedra renovou a representación dos clubs da cidade.
"Despois de 12 anos, ao fin logramos que o Goberno de Lores cumpra os estatutos establecidos no IMD", celebrou Tomás Abeigón, concelleiro do Partido Popular.
Os tres vocais elixidos como representación dos clubs son: Miguel Ángel Cortegoso, do Club de Taekwondo Mace Sport; Javier Domínguez, da Sociedad Deportiva Teuco; e Jesús Cortegoso, da Sociedad Gimnástica.
Abeigón cre que a renovación responde á necesidade de que no organismo que rexe o deporte pontevedrés "estean representados todos os estamentos que participan da práctica e fomento da actividade física no Concello", xa que no IMD "tómanse decisións importantes como os orzamentos ou axudas aos clubs".