Os veciños de Covelo e Raxó cren que Portos de Galicia estalles "tomando el pelo"
Por Oskar Viéitez
Máis de sete anos levan esperando os veciños de Covelo e Raxó a que Portos de Galicia reforme os peiraos. Afirman que as obras comprometidas "so se moven a impulsos electorais" e que pasado ese tempo volve a parálise, por iso din que lles están "tomando o pelo".
Foi o 20 de febreiro de 2009, cando Portos de Galicia remitiu ao Concello de Poio un convenio para o acondicionamento dos portos de Raxo e Covelo. Co cambio de Goberno na Xunta, igual que pasou con outros proxectos, foi paralizado sen que a administración autonómica dese ningunha explicación.
A Cofradía San Gregorio, o Clube Marítimo de Raxó e a Asociación de Veciños que xunto cos tres grupos políticos municipais (PP, BNG e PSOE) forman parte da Comisión de Seguimento dos Peiraos de Raxó e o Covelo-Samieira, acordaron esixir a Portos un "compromiso claro" para a execución das obras "tal e como están deseñadas, sen rebaixas nas súas calidades".
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, engadiu que as obras "moi necesarias" terán que acometerse despois do verán para non interferir co turismo destas dúas localidades e que deben ser feitas "nunha soa fase", incluindo a renovación dos servizos soterrados e as pavimentacións.
Ademáis o proxecto integrado contempla demandas realizadas polos profesionais do mar como son departamentos e a ampliación dos espazos a urbanizar.
Esta actuación conta cun investimento de máis de 3.500.000 euros.
Relacionadas:
-
O presidente de Portos de Galicia visitou o remate das obras no peirao de Covelo
Por Redacción |
-
Amplíase a pavimentación na ponte de Covelo
Por Redacción |
-
Portos comprométese a comezar a vindeira semana as obras de construción da ponte de Covelo
Por Redacción |
-
Esíxenlle a Portos de Galicia que complete os proxectos de mellora das zonas portuarias de Raxó e Covelo
Por Redacción |
-
Poio esixirá a Portos a inmediata remodelación da ponte de Covelo
Por Oskar Viéitez |