Localizan tres menores furtando roupa cando tiñan que estar no instituto
Por Natalia Puga
Dous dispositivos policiais disintos confluíron o xoves 7 de febreiro nunha actuación realizada pola Policía Local de Pontevedra: o de prevención de furtos en comercios durante as rebaixas e o de prevención do absentismo escolar nos centros educativos do municipio.
Os responsables dunha tenda da rúa Michelena alertaron sobre as 10.30 horas de que localizaran tres menores duns 15 anos intentando levarse roupa do establecemento.
Cando a Policía Local chegou ao lugar encontraron os menores retidos polos responsables do comercio e un deles tiña nunha mochila algunha das pezas que acababa de substraer.
Ao tratarse de menores, a obriga policial é deixalos baixo custodia dos seus pais, pero ante a imposibilidade de localizalos descubriron que os nenos estaban en idade escolar e neses momentos debían estar en clase, así que os acompañaron ata o instituto no que están matriculados. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento da Fiscalía de Menores.
Curiosamente, ao día seguinte, o venres 8 de febreiro, a Policía Local tamén localizou a varios menores na rúa en horario lectivo e acompañáronos nun vehículo camuflado ata o seu instituto no ámbito de Monteiro Ríos, tamén dentro do plan de erradicación do absentismo escolar