O Concurso de Murgas chega á súa XXII edición con oito participantes
Por Redacción
O Concurso de Murgas do entroido pontevedrés chega este ano á súa XXII edición con oito participantes. Comezará este luns 11 de febreiro a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura e a final será o xoves á mesma hora e no mesmo lugar.
Rematado na mañá deste sábado o prazo de presentación de participantes, o Concello de Pontevedra ven de anunciar que o luns, no primeiro pase do concurso, actuarán 'Os Garoulos do Grove', 'As mais plus do Grove', 'Os da Baiuca do Grove' e 'Val do Lérez Mayando duramente'.
O mércores 13 de febreiro celebrarase a segunda xornada de actuacións. Será coa participación de 'Ultra Sur do Grove', 'Murga feminina de Pontevedra. Lo que el Gobierno se llevó', 'Murga PTV, Penitentes de toda la vida' e 'Equipo Ja'. Os clasificados en cada unha das xornadas participarán na final.