Milagros Otero: "os meus obxectivos son a educación en dereitos e abrir a institución á cidadanía"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, acudiu este mércores en visita institucional ao Concello de Pontevedra.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou que é a primeira vez, nos 17 anos que leva á fronte da alcaldía da cidade, que a Valedora visita oficialmente o Concello, un xesto moi ben valorado polo rexedor que ve neste feito un "cambio substancial" na institución a favor do "achegamento ás administracións" e unha "aposta pola mediación".
Comunicación fluída e vontade de colaboración entre as dúas institucións, foi a mensaxe compartida e trasladada por ambos os ao finalizar a súa entrevista.
En rolda de prensa, Milagros Otero agradeceu a "sincera vontade de colaboración" ofrecida polo alcalde de Pontevedra e subliñou que nestes nove meses que leva á fronte deste cargo está a traballar con dous obxectivos: a educación en dereitos e abrir a institución á cidadanía.
A Valedora do Pobo indicou que a institución ten abertas 20 queixas que afectan a Pontevedra. Entre outras, sobre a liña de autobuses de Monbus que cobre o traxecto entre Bueu-Marín-Pontevedra-Vigo; os crematorios, ou un mellor aproveitamento das instalacións da cidade infantil Príncipe Felipe.
Hainas persoais e colectivas con todo ningunha destas denuncias alcanza directamente ao Concello.
Milagros Otero Parga despois do seu encontro co alcalde e de asinar no "Libro de honra" do Concello, mantivo unha reunión cos portavoces dos grupos municipais. Xa pola tarde, manterá unha reunión aberta aos veciños na Casa das Campás, enmarcada neste propósito de procura da xustiza e defensa dos dereitos das persoas.
Relacionadas:
-
Os cines de Pontevedra permitirán ás persoas con diabete acceder con mochilas grazas á mediación da Valedora do Pobo
Por Redacción |
-
A Valedora do Pobo lembra ao PP que a lei dá a razón a Carmela Silva na súa regulación dos plenos
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Tes algunha queixa para a Valedora do Pobo? Trasládalla en persoa este mércores na Casa das Campás
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras denuncia ante a Valedora do Pobo o "peloteo" entre a Xunta e a Deputación co Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
O PP denuncia ante a Valedora do Pobo o goberno da Deputación por retirarlle o dereito a réplica
Por Redacción |