Reunión a múltiples bandas para analizar o impacto da Lei de Costas nos núcleos do litoral de Vilaboa
Por Redacción
Os veciños afectados pola aprobación da nova Lei de Costas no Concello de Villaboa, os tres partidos políticos con representación na Corporación, Costas do Estado e Urbanismo da Xunta de Galicia. Todas as partes implicadas dalgunha maneira na nova normativa e que teñen algo que dicir en canto á sús incidencia nos núcleos do litoral manterán unha reunión de traballo.
Sobre a mesa sentaranse, entre outros aspectos, a tramitación do PXOM de Vilaboa, que no último mes deu avances importantes ao ser aprobado inicialmente no Pleno da Corporación do 28 de decembro e está actualmente a exposición pública por un prazo de dous meses ( 17 de xaneiro -17 de marzo). Será un elemento importante para a legalización das vivendas afectadas pola Lei de Costas nos núcleos do litoral do municipio.
Dende a Xunta de Galicia recordan que Encarnación Rivas, noutras reunións mantidas con estes colectivos, expuxo que a aprobación definitiva do PXOM de Vilaboa que o concello leva redactando dende hai 12 anos é a clave para o recoñecemento destes núcleos costeiros.
Recordan que segundo o Proxecto de Modificación da Lei de Costas que manexa a Xunta, que neste intre alcanza a recta final da súa tramitación e está a piques de chegar ao Senado, por primeira vez daríase amparo ao recoñecementos destes asentamentos como núcleos rurais, recollendo a redución do ancho da franxa de servidume de protección dos 100 aos 20 metros.
O encontro estará presidido pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta; Encarnación Rivas Diáz, e celebrarase o martes 12 de febreiro, ás 10.30 horas, no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.
Polo BNG asistirá o alcalde, José Luis Poceiro; polo BNG e o PP os seus voceiros, Ornela Fernández e Beatriz Rosendo; polo Goberno estatal, a xefa de Demarcación de Costas de Pontevedra, Cristina Paz; e polos afectados, reprsentantentes da plataforma veciñal.