O goberno local apoia a conversión en paseo ciclista dun carril da autovía de Marín
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de mobilidade do Concello de Pontevedra, Luís Bará, considera que a proposta para un paseo peonil e ciclista entre Pontevedra-Marín elaborada polos colectivos Pedaladas e Masa Crítica é "viable".
O edil nacionalista sostén que en termos económicos é "máis asequible" que o proxecto do Concello e o Ministerio de Fomento, ademais "tecnicamente é moito máis sinxela", engade.
Luís Bará apunta que agora é "unha cuestión de vontade" por parte das administracions. O problema é a actual situación de "in pass" cun goberno en funcións e á espera dos resultados que deparen os próximos comicios xerais "é a presenza de deputados galegos en Madrid".
Precisamente o cansazo por esta situación de parálise, foi un dos factores que animaron aos colectivos ciclistas a redactar este proxecto que consiste en anular o carril máis pegado á ría "para adaptar a PO-11 ou mal chamada autovía de Marín ao paso de ciclistas", reducindo a velocidade a 50 quilómetros por hora. A idea é separar o tráfico motorizado do paso para peóns e ciclistas, sinalizando esta viaria vertical e horizontalmente e delimitándoo con separadores flexibles.
"Paréceme, moi factible, moi viable, e pensamos que si, que con vontade política de resolver esta cuestión si que se pode facer", afirmou o concelleiro de mobilidade.
Mentres tanto a proposta de Fomento e o Concello de construír unha pasarela segue o seu longo percorrido burocrático, o último paso coñecido foi o encargo da redacción do proxecto por parte de Costas a unha consultora de Vigo.
"Aquí con pintura e sinalización se resolve esa demanda", concluíu Bará.
Relacionadas:
-
Propoñen unha "bicifestación" para reclamar o paseo entre Pontevedra e Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marea presenta alegacións ao proxecto da pasarela peonil entre Marín e Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
As infraestruturas non son neutras nos sinistros viarios
Por Oskar Viéitez |
-
Costas unirá Pontevedra e Os Praceres no primeiro treito do paseo peonil a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
Os técnicos provinciais estudarán a viabilidade dun carril-bici para unir Pontevedra e Combarro
Por Redacción |
-
Propoñen vías ciclistas para enlazar Pontevedra con Marín, Combarro e con Ponte Sampaio, pola antiga vía do tren
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Tensión en Benito Corbal por un enfrontamento entre un condutor e un ciclista
Por Redacción |
-
Pedaladas e Masa Crítica elaboran a súa propia proposta para un paseo peonil e ciclista Pontevedra-Marín
Por Redacción |
-
Pontevedra pide á Xunta unha senda ciclista na estrada vella a Marín
Por Alejandro Espiño |
-
O PP propón a implantación dun servizo voluntario de Policía local en bici
Por Redacción |