Cando o Entroido nace do corazón. Caki Viñas inaugura o Carnaval
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Foi totalmente improvisado e nunha noite moi especial. Esta é a transcripción do pregón de Caki Viñas
Este pregón está adicado ao meu fillo que hoxe non puido estar aquí. El foi o primeiro que dixo, "estou contento papá de que leas o pregón".
Veredes. Hai máis de un ano, o axuntamento reuníuse e dixo: "hai que facer recortes con esto do Carnaval que estamos gastando moitos cartos". ¿Que pode ser barato?... ¡Caki Viñas! Chamáronme e dixéronme: "Ti queres facer o pregón do ano que ven?" E eu dixen: SI.
O peor foi cando tiven que dicirllo a familia. Foi nunha reunión. A que se organizou, miña nai querida. Unha dicía: "Oes, pero non te atreverás a contar o que pasou aquela noite". Outra: "Polo amor de Dios, que vas a facer o ridículo". A miña neta dixo: ¿e vas a sair na TVG?. E meu fillo dixo: "ti di de min que eu sempre fun".
Hoxe son o pregoeiro número trinta. Antes ca min houbo 29 personas. Sólo tres mulleres. E despois de toda esa xente que falou todo. ¿canto se pode decir do entroido?, e falaron ata do de Venecia, pois que carallo podo decir eu.
Pero bueno, imos empezar (colle uns papeis).
O rei Urco foi un invento dos irmás Muruais, no 1876, si non o chego a ter escrito Eles vivían nunha praza que está aí o lado,onde está Valle Inclán. A historia é a seguinte: O Urco era o príncipe do averno, entón un día reuníu un exército e conquistou a cidade nosa de Pontevedra e fixo que Teucro fuxira. Entón nominouse rei e dixo que quedaba anulado o pecado. Podíase comer carne, desfacíanse as parellas, todo ia ser alegría e diversión. E de repente veu o carallo do Teucro con outro exército e ao Urco mandouno a freir puñetas. Sólo durou dez días, que é o que dura agora. E ata aquí todo o que sexa erudición (tira os papeis)
O outro día lin que hai sesenta anos que eu estou metido nesta carallada do Entroido de Pontevedra. Son trinta anos na rúa e trinta anos nas sociedades.
Imos a falar entón de cousas que pasaron
Cando estaba solteiro había sobretodo un baile que non che me gustaba nada
E imos a empezar por cando estaba solteiro. Cando estaba solteiro había sobretodo un baile que non che me gustaba nada, que era os martes, O baile do capuchón.
Estaban todos e todas cun capuchón negro ata os pés, guantes negros, zapatos negros e cunha careta. Aquelo parecía un baile da Santa Compaña de luto. Eu ese día ía traxeado e con garabata, cando estaba solteiro ¿eh?, e me dedicaba a sacar a bailar a todas aquelas mulleres que había sentadas na pista e que non as sacaban as probes ningunha noite. Aquello sí que era Achegábame a primeira: Bailas?, "Non podo que estou gardando ausencias". Mala centella te coma. ¿E ti? "Eu tampoco que estou con ela e si ela non baila eu tampouco".
Pero unha noite acerqueime a unha e dixenlle: ¿Queres? Levantouse coma se tivera un petardo no cú e dixo ¡Si quiero! Ehhh Estamos falando de bailar, de casorios nada.
Aquela noite bailei. Esa foi unha cousa que desapareceu, e desapareceu tamén con eso aquela frase que dicía: "Mascarita ¿me conoces?", qué ridículo decir eso. Ademáis dicíano a quenes estaban tapados e non a xente que ía normal e que estaba na barra coa man tapando o vaso para que non lle entraran as serpentinas e os papeluchos, a eses nada. Era tremendo.
Entonces no Casino tiñas que pasar entre as cenas para que miraran os traxes
Recordo unha vez que ía disfrazado de vaqueiro. Entonces no Casino tiñas que pasar entre as cenas para que miraran os traxes, e atopeime a unha chica, que logo souben que era de Vigo, que ía vestida de andaluza. Tiña que pasar por alí que era obriga. Ela non quería. Agárrate a min, díxenlle, e pasamos os dous tranquilamente por aquelo e resulta que as tres da mañá me dice "Gañamos un premio e tes que vir conmigo a recollelo porque a min soa non mo dan'. Déronnos un porta retratos de prata a cada un. Regaleille os dous. Fixemos un baile e alá se marchou, era de Vigo e nunca souben nada máis dela.
E un bo día caseime. Fíxeno coa que para min é a muller máis guapa do mundo e tenme que querer muito porque despois de 44 anos ainda segue conmigo.
Cando nos casamos tiña a obriga de vir conmigo ao baile
Cando nos casamos tiña a obriga de vir conmigo ao baile. Pasábao tan mal, mi madre querida, que mal o pasaba. Cada vez que tiña que ir alí era tremendo. Tiñamos que facelos traxes coa axuda de Mercedes, sin ela moitas veces nos poderíamos ter ido ao baile. E tiñamos que facer catro disfraces.
Iso sí, a miña filla levábamola aos bailes infantiles vestida de vendedora de grelos, e ía preciosa, e el de millonario, cos billetes falsos e todo. Protestaban sempre que só tiñan un traxe para todos os carnavales mentras os seus pais tiñan catro.
E chegou un día que por fín Pepe Shiva decidiu sacar o entroido a rúa.
Reuniuse cun grupo de rapaces amigos do entroido e conseguiu sacalo. Oes, foi máis fácil conseguilos cartos que os permisos do axuntamento. Pero por fin saiu a luz. E a Pepe Shiva quero recordar que debémoslle o Ravachol, a parodia eses foron inventos del. Agora hai a noite pirata, eu non sei quen o fixo, pero foi un acerto, ¿Por qué foi un acerto? Porque ás mulleres o traxe de pirata séntalles moi ben, están moi guapas.
Agora as netas xa non quere sair co abó porque son maiores
I entón, tan pronto como saiu a rúa a miña muller dixo: "Eu a rúa non saio", de modo que saín coa miña filla, e despois coa miña neta e despois coa outra neta. Agora as netas xa non quere sair co avó porque son maiores e queren sair coas súas amigas.
Pero, eu tiña gañas de facer unha cousa que sempre sae na televisión ¿recordades aquela escea na que un cantante toma carreira e se tira enriba do público? Aquí teño un grupo de xente forte. Non os apartedes ningún. ¡O que se aparte vai ao inferno! Esperade un momento. Preparados listos xa (toma carreira e frea en seco)
Pois sigo quedando coas ganas. Cagho na puñeta. Pero para o ano tírome.
Bueno, non sei canto tempo levo dándovos a lata e xa vai sendo hora de rematar.
Hai festas... as Fallas, San Fermín, San Isidro... que tan pronto como acaban xa están pensando como facer para o ano que ven. Eu é cando empeza o entroido que me queda a pena e teño que decir que só quedan nove días de festa. ¡Só nove días! ¡Nove días!
¡E agora con todos vos o Rei Urco!