Amplíase a pavimentación na ponte de Covelo
Por Redacción
Portos de Galicia pavimentará unha superficie un pouco máis extensa que a prevista inicialmente nas obras da ponte de Covelo.
Sinalizarase horizontalmente a zona e realizaranse cambios na disposición das zonas destinadas aos vehículos e aos peóns. Para a execución desta última fase das obras o ente público incrementará o presuposto inicial en 40.000 euros.
Técnicos de Portos de Galicia informaron este xoves en Santiago aos colectivos veciñais e aos representantes do Concello de Poio da situación da última fase das obras de consolidación e acondicionamento da contorna da ponte do porto de Covelo.
Este encontro forma parte das xuntanzas da comisión de seguimento destes traballos.
Ademais os técnicos de Portos explicáronlle aos responsables do concello que noutra fase das obras se poderían realizar actuacións de acondicionamento e humanización do vial de acceso rodado ao porto de Raxó e que tamén se mellorarían diversos servizos básicos.
Relacionadas:
-
O presidente de Portos de Galicia visitou o remate das obras no peirao de Covelo
Por Redacción |
-
Os veciños de Covelo e Raxó cren que Portos de Galicia estalles "tomando el pelo"
Por Oskar Viéitez |
-
A ponte de Covelo mellorará a súa seguridade este verán
Por Redacción |
-
Portos comprométese a comezar a vindeira semana as obras de construción da ponte de Covelo
Por Redacción |
-
Esíxenlle a Portos de Galicia que complete os proxectos de mellora das zonas portuarias de Raxó e Covelo
Por Redacción |