A Praza de Abastos de Bueu promociona os seus produtos ‘á europea’
Por Redacción
O primeiro andar da Praza de Abastos de Bueu encheuse durante a mañá deste xoves dunha morea de persoas que se achegaron para degustar as delicias elaboradas polos alumnos e profesores do CIFP Manuel Antonio de Vigo, que participaron no programa Degusta Europa, organizado pola Deputación de Pontevedra en diferentes prazas da provincia para celebrar o Día de Europa e ao mesmo tempo promocionar o produto local.
O alumnado mercou produtos das Rías Baixas no mercado municipal e en directo, ao estilo dun show cooking, elaborar pratos típicos europeos. Máis concretamente, "Sopa de melón con xamón texturizado e xelatina de Oporto", "Xoubas fritidas con tempura de millo", "Xarda lañada con brotes tenros", "Risotto de mexillóns con tella de queixo parmesano" e "Hamburguesas de porco con queixo gruiere".
Achegáronse ata o mercado os deputados provinciais Carlos Font e Xosé Leal, xunto co alcalde de Bueu, Félix Juncal, e as concelleiras Silvia Carballo e María Teresa López González, entre outras personalidades.
O alcalde da vila aproveitou para destacar o papel importante que xoga a Praza de Abastos de Bueu, tanto na economía local como na dinamización turística. Neste senso, tamén destacou a renovación do primeiro andar, coa construción dunha cociña e dun espazo para os mercados temáticos que se veñen celebrando nos últimos meses.
Esta actividade comezou na Praza de Abastos de Caldas de Reis o pasado 3 de maio, e estivo en Pontevedra o 6 de maio e en Cambados o martes e na Guarda o mércores. O venres rematará en Vigo.
Relacionadas:
-
O mercado de Pontevedra "degusta Europa" da man do Carlos Oroza
Por Alejandro Espiño |
-
Alumnos do Carlos Oroza amosarán en Pontevedra e O Grove a gastronomía dos camiños xacobeos
Por Redacción |
-
Bueu organiza un mercado da saúde e do benestar na praza de abastos
Por Redacción |
-
Bueu celebra esta fin de semana o mercado do pan
Por Redacción |
-
Receitas gregas, italianas e inglesas pero cos produtos de casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Caldas de Reis, a primeira vila que 'Degusta Europa'
Por Redacción |
-
Cociña europea con todo o sabor das Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |