Para mañá como deberes: tedes que organizar unha Feira de Turismo
Por Oskar Viéitez
Os alumnos do Carlos Oroza organizarán na Praza da Ferrería unha Feira de Turismo. Esta iniciativa forma parte dun traballo escolar do departamento de Turismo no que os alumnos de primeiro curso montarán a Feira "Xeodestinízate" para dar a coñecer os 14 principais xeodestinos de Galicia, no que terá unha especial importancia o de Terras de Pontevedra.
Esta feira foi presentada este mércores na Casa da Luz pola concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías que reiterou a importancia da colaboración do Concello coas institucións educativas e, especialmente, co Carlos Oroza.
O mércores 11 pola mañá, de 11 a 14 horas instalarán casetas na praza da Ferraría e repartirán folletos entre todas persoas interesadas. Tamén terán a disposición dos visitantes extranxeiros información en inglés.
Ademais, o xoves, 12 de maio, de 11 a 13 horas, alumnos dos estudos de Turismo farán un paseo polo centro histórico con 15 usuarios do Xoán XXIII para explicarlles elementos curiosos como: por que a estátua de Valle Inclán non ten un brazo, para que empregaban os miliarios os romanos, entre outros.
Esta "Quedada entre amigos" pretende facilitar a integración deste colectivo ofrecéndolles unha visión adaptada da historia e dos actractivos da cidade.
A continuación comerán no IES Carlos Oroza nunha comida adaptada na que participarán usuarios do Xoán XXIII e da ONCE, e tamén os profesores do centro.
Relacionadas:
-
Cun título de graduado nunha man e un contrato na outra
Por Oskar Viéitez |
-
Terras de Pontevedra reedita a súa aposta contra os minifundios turísticos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Receitas gregas, italianas e inglesas pero cos produtos de casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pero... a camelia cómese?
Por Mónica Patxot |
-
A Cidade Infantil Príncipe Felipe, laboratorio de probas da compostaxe
Por Redacción |