Cuntis contáxiase de espírito moteiro
Por Redacción
Nin a choiva puido impedir que Cuntis se convertese durante a fin de semana nunha localidade moteira, grazas á primeira concentración organizada pola peña Pinotes Racing.
Ao redor de 200 amantes das dúas rodas foron chegando á vila termal desde primeiras horas deste sábado para afrontar un cargado calendario de actividades.
Primeiro unha ruta cara ao norte pasando pola Estrada, con parada para petiscos incluída, para despois divertirse con xogos populares, unha cea no Hotel Balneario e unha festa.
A concentración moteira inclúe outra ruta na mañá do domingo por Moraña, Barro, Caldas e San Clemente.
Ademais dos participantes, veciños da localidade aproveitaron a ocasión para ver de preto diferentes tipos de motos, algunhas moi rechamantes, de todas as marcas e modelos.