Receitas gregas, italianas e inglesas pero cos produtos de casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Mercado de Pontevedra foi escenario este venres 6 de maio dunha degustación inspirada en receitas gregas, italianas e inglesas pero elaboradas con produtos autóctonos.
Foi unha celebración da riqueza gastronómica europea á vez que se puxeron en valor os excelentes produtos da despensa atlántica, nunha iniciativa bautizada como "Degusta Europa".
Promovida pola Deputación Provincial en colaboración co Concello de Pontevedra e o centro de Hostalería Carlos Oroza, este evento serviu para festexar por adiantado o Día de Europa, previsto para o próximo 9 de maio.
Quen acudiu ao segundo piso da Praza puido saborear unha ensalada caprese italiana con verduras de horta, queixo galego e albáfega, un Fish and Chips británico elaborado cos peixes do Mercado, acompañados de pataca galega con salsa ali oli e a receita gyros grega que tivo como ingredientes tenreira do país, pan trigo, vexetais e salsa de iogur.
Pola súa banda, o viño albariño, o zume de pexego e a froita da paixón serviron para preparar o Bellini italiano.
Relacionadas:
-
O mercado de Pontevedra "degusta Europa" da man do Carlos Oroza
Por Alejandro Espiño |
-
Alumnos do Carlos Oroza amosarán en Pontevedra e O Grove a gastronomía dos camiños xacobeos
Por Redacción |
-
A Praza de Abastos de Bueu promociona os seus produtos ‘á europea’
Por Redacción |
-
Para mañá como deberes: tedes que organizar unha Feira de Turismo
Por Oskar Viéitez |
-
Un día para lembrar que "xuntos" as cousas son mellores
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Caldas de Reis, a primeira vila que 'Degusta Europa'
Por Redacción |
-
Cociña europea con todo o sabor das Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |