Os feirantes trasladan ao PP ás súas esixencias para instalar as atraccións nas festas da Peregrina
Por Redacción
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, mantivo este venres unha reunión con representantes dos feirantes interesados en instalar as súas tómbolas e barracas nas vindeiras festas de xullo e agosto. Ao remate do encontro Moreira asegurou que "as festas de A Peregrina e de Santiaguiño de O Burgo corren o risco de non contar con atraccións debido á desidia do BNG".
Os populares lembraron que "esta mesma situación viviuse o pasado ano" e lamentaron que dende o goberno local non buscasen unha solución a este problema, a pesares de que o ano pasado se comprometeran a elo.
"Os feirantes solicitaron, ata en dúas ocasión, unha reunión coa concelleira nacionalista encargada desta área, Carme da Silva, pero non só non lles recibiu, senón que nin sequera lles contestou ao escrito que presentaron no Rexistro municipal", manifestou Jacobo Moreira.
Existe unha "profunda discrepancia" neste colectivo tanto nos prezos fixados como polas formas nas que este proceso de adxudicación se leva a cabo por parte do Concello, no que, segundo afirman os feirantes, a apertura das plicas "non se fai de forma pública e transparente".
"Cremos que é necesario que se eviten inxustizas entre uns feirantes e outros, e esta situación podería terse evitado se os nacionalistas escoitasen aos principais afectados", sinalou o portavoz dos populares.
O vindeiro luns 9 de maio remata o prazo para presentar ofertas, polo que os populares solicitan ao BNG "diálogo en aras de lograr que os pontevedreses e visitantes poidan desfrutar das súas festas, das tradicionais festas de A Peregrina e de Santiaguiño do Burgo", sentenciou Jacobo Moreira.
Relacionadas:
-
Acordo entre feirantes e Concello polas atraccións das festas
Por Alejandro Espiño |
-
Segue o pulso entre os feirantes e o Concello polas atraccións das festas
Por Redacción |
-
Malestar nos feirantes polos requisitos para as festas de Santiaguiño e a Peregrina
Por Alejandro Espiño |
-
Apoteósico Día do neno
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Vinte feirantes en pé de guerra: "Que busquen una solución, nos han dejado sin trabajo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |