As praias pontevedresas presumen de bandeiras azuis con Sanxenxo á cabeza
Por Oskar Viéitez
As praias e portos pontevedreses volven presumir das numerosas bandeiras azuis que ondearán o próximo verán no litoral.
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) fixo pública este xoves a relación de areais galardoados con este sistema de certificación da calidade ambiental posto en marcha en 1987.
O municipio con máis bandeiras azuis na comunidade segue sendo Sanxenxo, cun total de 12. Perdeu a súa distinción a praia de Areas pero suma a de Paxariñas.
Curiosamente ADEAC invéntase un concello novo e para evitar ferir susceptibilidades en canto á titularidade do areal, crea o municipio fusionado de Sanxenxo-O Grove para a concesión do seu distintivo á praia da Lanzada-O Espiñeiro.
Galicia ten en total oito bandeiras menos que o ano pasado.
O presidente da asociación 'Bandera Azul', José Ramón Sánchez, explicou que as praias que perderon a súa bandeira débese a que cos anos os criterios están a ser "más exigentes" e iso requería dun maior número de recursos, polo que os custes foron "disuasorios". Outro motivo para a perda desta distinción foi que o tratamento de todas as augas debía ser "de calidad".
- Bueu: Area de Bon, Portomaior, Lagos, Lapaman
- Marín: Aguete, Mogor, Portocelo, O Santo
- Poio: Xiorto, Cabeceira
- Sanxenxo- O Grove: A Lanzada -O Espiñeiro
- Sanxenxo: Canelas, Montalvo, Silgar, Bascuas, Major, Foxos, Areas Gordas, A Lapa, Pragueira, Baltar, Paxariñas
- O Grove: Raeiros- Paxareiro, Area da Cruz, Area Grande, Area das Pipas- Area de Reboredo
- Vilagarcía de Arousa: Preguntoiro, Campanario
- Illa de Arousa: Area do Secada, Bao (Camaxe)
- Ponte Caldelas: Playa fluvial A Calzada
E os portos de Combarro (Poio), Juan Carlos I e Portonovo (Sanxenxo), Pedras Negras e San Vicente do Mar, (O Grove).
Os Sendeiros Azuis son itinerarios e elementos paisaxísticos que enlazan praias ou portos con Bandeira Azul e contribúen, positivamente, ao uso sustentable do litoral. Para os municipios galardoados é un recoñecemento ao seu traballo na mellora e restauración do seu patrimonio natural e etnológico litoral.
- Bueu: Ruta de Senderismo Cabo Udra
- Illa de Arousa: Senda Perimetral Bao-Xastelas
- Marín: Sendero Azul Ruta de las Playas
- Ponte Caldelas: Sendero Azul del Río Verdugo
O requisito para converterse en Centro Azul, nun municipio con praias Bandeira Azul, é a existencia dun centro de visitantes, aula de mar ou de natureza, etc., que inclúa entre os seus obxectivos e actividades a educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sustentable, así como información específica e actividades relacionadas co Programa Bandeira Azul. Obtiveron este recoñecemento:
- Bueu: Aula de Natureza Cabo Udra
- Sanxenxo: Centro de Interpretación "As Tellerias"
- Illa de Arousa: Centro de Interpretación da Conserva
- Villagarcía de Arousa: Centro de Interpretación da ría de Arousa (CIRA)
- Marín: Centro de Interpretación dos petróglifos e ao Ateneo Santa Cecilia
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas sumarase á rede galega de praias sen fume
Por Redacción |
-
Os socorristas das praias de Pontevedra volven o traballo o 24 de xuño
Por Redacción |
-
As praias das Rías Baixas 'colleitan' as súas bandeiras azuis
Por Redacción |
-
O Grove rexeita as bandeiras azuis como sinal de protesta
Por Oskar Viéitez |
-
Atención a todos os interesados en xestionar os servizos de tempada nas praias de Silgar, Baltar e Canelas
Por Redacción |
-
Quen recollerá a bandeira azul da Lanzada?
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reforza a súa aposta polo turismo de natureza
Por Redacción |
-
O PP lamenta o mal estado que presenta a praia fluvial da Calzada
Por Redacción |
-
Sanxenxo garante que Areas manterá os servizos a pesar de perder a Bandeira Azul
Por Redacción |
-
Por que perdeu a praia de Areas a súa bandeira azul?
Por Redacción |