Unha médico pontevedresa deseña un test capaz de detectar a demencia
Por Oskar Viéitez
Consuelo Nebreda é unha médico de familia que traballa en Pontevedra, que para a súa tese de doutoramento fixo un traballo co que logrou acadar unha versión reducida e adaptada ao rural galego do Boston Naming Test (BNT).
Trátase dunha proba de só dez debuxos ordenados gradualmente por dificultade capaz de distinguir adecuadamente os pacientes con demencia.
ÿ dicir, logrou facer máis fácil a exploración da sospeita.
A versión reducida do test acadada por Nebreda Vicario "permite o seu uso na consulta de atención primaria, algo que non sería posible coa versión completa", subliña a doctora.
Para a posta en marcha do estudo empregouse unha mostra de 298 anciáns.