O IMD ten data de caducidade: disolverase a principios de 2017
Por Alejandro Espiño
O proceso de disolución do Instituto Municipal de Deportes (IMD) xa non ten volta atrás. O Concello de Pontevedra iniciou os trámites para a desaparición do organismo autónomo que dirixe os destinos deportivos da cidade. Pero será tan só un cambio de fórmula de xestión, como aclaran desde o goberno municipal.
Ao entender que o IMD xa non é operativo co seu actual modelo, o Concello aposta por disolvelo e crear o Servizo Municipal de Deportes.
O goberno municipal espera que este trámite se complete a principios de 2017.
Segundo explica o concelleiro de Réxime Interior e Persoal, Vicente García Legísima, este novo servizo municipal dependerá directamente da Alcaldía.
Os doce traballadores que actualmente integran este organismo pasarán a formar parte do persoal do Concello, nas mesmas condicións que ata agora.
Ademais, preténdese reforzar o seu persoal con dous novos traballadores. Inicialmente esas dúas prazas serán ocupadas por interinos, persoas que quedaron sen praza en procesos selectivos anteriores a pesar de aprobar. Máis adiante, o Concello pretende consolidar esas dúas prazas cos seus respectivos procesos de oposición.
Todos estes cambios xa foron comunicados á representación sindical da Xunta de Persoal do Concello.
A pesar desta disolución, o goberno municipal quere seguir pulsando a opinión dos clubs deportivos da cidade. Xa non será a través da Xunta Reitora do IMD, pero segundo a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, traballarase para crear un órgano onde estean representados e que se reúna varias veces ao ano para facer un recoñecemento da situación do municipio en materia deportiva.
Relacionadas:
-
O IMD entra na súa recta final
Por Alejandro Espiño |
-
Cidadáns propón crear un Observatorio Municipal do Deporte
Por Redacción |
-
A renovación dos vogais do IMD, obxecto de 'celebración' para o PP
Por Redacción |
-
O Concello rescindirá o contrato con Linorsa para a limpeza do Multiusos da Xunqueira
Por Alejandro Espiño |
-
Ciudadanos propón que o IMD asuma a xestión das instalacións deportivas de titularidade municipal
Por Redacción |
-
Os socialistas queren un Consello Municipal do Deporte
Por Oskar Viéitez |