Sacan os petos á rúa para loitar contra o cancro con investigación
Por Oskar Viéitez
Un ano máis, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) pon en marcha a súa tradicional campaña de Peditorio, cuxo fin é recadar fondos para investigar en cancro, así como para manter os programas e servizos gratuítos a pacientes e familiares.
En materia de investigación, e grazas ao esforzo da AECC, o 63% dos grupos que integran a rede de investigación de cancro en España recibiron ou reciben axudas da AECC. Ademais, nos últimos 10 anos, a AECC financiou de maneira estable 470 proxectos.
A campaña de peditorio baixo o lema "Non te imaxinas todo o que un euro pon en marcha". De novo adopta a flor do iris branco como símbolo de loita contra o cancro e o compromiso coa investigación oncolóxica.
Na cidade de Pontevedra instalaranse 26 mesas e participarán 270 voluntarios, dos cales 165 serán nenos procedentes dos colexios SEK-Atlántico, Sagrado Corazón e Los Sauces.
En total habilitaranse 307 petos que sairán ás rúas de 10 a 14 horas e en horario de tarde de 17 a 20 horas.
Relacionadas:
-
A AECC realiza o seu tradicional peditorio e pide #1MinutoContraelCáncer
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Restricións circulatorias este venres na Caeira por unha carreira infantil
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra investiga o grelo e o repolo como unha nova axuda vexetal contra o cancro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
75.000 persoas de Pontevedra e O Salnés participarán nun programa de detección precoz de cancro colorrectal
Por Redacción |
-
O programa de detección precoz do cancro de mama explorou en 2015 a máis de 4.300 pontevedresas
Por Redacción |
-
A espera cirúrxica máis baixa de Galicia, nos Hospitais de Pontevedra e o Salnés
Por Anxo Lourido |