Chegan aos concellos os cartos do Fondo de Compensación Ambiental e Infraestruturas
Por Redacción
Veñen de facerse públicas as ordes de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental e Infraestruturas.
Con eses cartos, os concellos de Meaño, Cambados, Vilagarcía, Vilanova, Sanxenxo, Ribadumia e a Mancomunidade do Salnés instalarán circuítos biosaudables, mellorarán alumeados públicos e adquirirán equipamentos deportivos.
Caldas de Reis, Portas, Cuntis e Moraña adquirirán vehículos, porán en marcha proxectos de protección do medio ambiente e executarán melloras de parques infantís e saneamentos.
Marín levará a cabo melloras en accesos, no saneamento e nas redes de alumeado público.
Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama e Campo Lameiro levarán a cabo melloras de saneamento, conservación de fontes e reformas de parques infantís. Serán 250.000 euros para estes catro concellos da comarca de Pontevedra grazas as ordes de Fondo de Compensación Ambiental e Infraestruturas.
A nivel provincial, a orde de subvencións da Vicepresidencia, está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, conta cunha axuda global de 1,7 millóns de euros.