Campañó obtén o Premio ao Mellor Maio e o Especial
Por Mónica Patxot
A Asociación Cultural e Deportiva Campañó foi a triunfadora do certame de Maios celebrado durante este 1 de mes na praza da Ferrería de Pontevedra. Nun disputado evento, Campañó fíxose co premio ao mellor maio e o premio especial Maio.
No apartado de cantigas, o premio obtívoo a Asociación Recreativa Xeve mentres que a mellor interpretación recaeu no Colexio Froebel. A Asociación Cultural de Marcón presentou a mellor coroa de flores e o premio especial do xurado leváronllo dous centros escolares, o Colexio Barcelos e o CEIP de Lérez.
O certame foi seguido por centos de persoas que se achegaron ata a céntrica praza da Ferrería para escoitar as irónicas cantigas nunha edición na que participaron doce colectivos.
MAIOS EN POIO
En Poio, o concurso celebrouse na chaira da Seca e os premios foron repartidos da seguinte maneira:
Premio Mellor conxunto: 1- Maio Chupipandi, 2- Maio Marepodium e dous terceiros premios para Maio Pimpin e Maio Armadiña.
Premio Coplas: 1- Maio Pequecheiro, 2- Maio Marepodium e dous terceiros premios para Maio Boureante e Chupipandi
Premios Actuación: 1- Maio Fontenla, 2- Maio Laretas e dous terceiros premios para Maio Marepodium e Maio Boureante.
Premios Maio: 1- Maio Chupipandi, 2- Maio Pimpim e dous terceiros premios para Maio Marepodium e Maio Ludomaio.
Premios Coroa: 1- Maio Chupipandi, 2- Maio Marepodium e dous terceiros premios para Maio Fontenla e Maio Boureante.
Premios barco tradicional: dos primeiros premios para Maio Chupipandi e Maio Boureante, 2- Maio Pequecheiro e 3- Maio Marepodium.
MARÍN
Seis maios e dúas embarcacións participaron na 63 edición da Festa dos Maios de Marín, na que o Maio Landeiras gañou dous primeiros premios nas categorías de coroa e de interpretación, o Maio Porviso levouse o apartado de construción e o Maio Mariñeiro do Sequelo resultou gañador pola letra. Ademais o Rampleiro San Xián dos Ancourados quedou en primeira posición en letra, mentres que a Embarcación Xiana venceu nas categorías de construción e interpretación.
Unhas 150 persoas de todas as idades participaron na Festa dos Maios de Marín organizada polo Ateneo Santa Cecilia.