A conserveira Orbe estrea a súa nova factoría en A Reigosa
Por Oskar Viéitez
A conserveira Orbe inaugurou este xoves a súa nova fábrica no polígono da Reigosa onde contará con case 200 traballadores no prazo de dous anos, e 100 deles serán empregados de nova contratación.
Para chegar o día de hoxe, Orbe adquiriu unha parcela de 15.000 metros cadrados e destinou un investimento de máis de oito millóns de euros. Ademais ten reservado outro terreo de 10.000 metros cadrados, xa que prevé que necesitará máis espazo a medio prazo.
A conserveira emprega actualmente en Vigo a 140 traballadores e facturou o ano pasado 20 millóns de euros.
Sobre esta empresa, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou durante a inauguración que exporta o 40% da súa produción a máis de 10 países: Estados Unidos é o primeiro importador das súas conservas; séguenlle, en Latinoamérica, México e Panamá; e, en Europa, Orbe vende os seus produtos especialmente en países como Alemaña e Italia.
O titular do goberno galego destacou desta conserveira que leva 75 anos de traxectoria, conxugando a tradición artesanal coa introdución dos últimos avances técnicos nos sistemas de procesado, para ofrecer un catálogo de produtos con máis de 130 referencias distintas.
Feijóo afirmou que as novas instalacións desta empresa poñen de manifesto os obxectivos de Orbe: continuar ampliando o seu mercado internacional, seguir innovando e recorrendo ás novas solucións tecnolóxicas para que os seus produtos gañen valor engadido; e manter a súa aposta por unha materia prima excepcional que achega ao consumidor o selo de Galicia como sinónimo de calidade.
Relacionadas:
-
A conserveira Orbe espera contratar a 80 traballadores máis na Reigosa
Por Oskar Viéitez |
-
Primeiras contratacións de veciñas de Ponte Caldelas na conserveira Orbe
Por Redacción |
-
Dan licencia para dúas novas empresas no polígono da Reigosa: unha construtora e unha firma de distribución de gases medicinais
Por Redacción |
-
Buscan 50 mulleres de Ponte Caldelas para traballar na conserveira Orbe
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Ponte Caldelas facilitará a Orbe os currículums de desempregados do municipio
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pon en marcha un curso de manipulador de alimentos con vistas a traballar na conserveira Orbe
Por Oskar Viéitez |