Na véspera da reunión entre o alcalde e o conselleiro de Sanidade, os socialistas mostran as súas esixencias
Por Oskar Viéitez
Na véspera da reunión prevista para este venres entre o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, o grupo municipal do Partido Socialista solicitou que no devandito encontro "se deixe clara a demanda irrenunciable da ampliación do Hospital Montecelo e a correspondente reordenación da área sanitaria".
Ademais os socialistas pontevedreses reclaman que esa ampliación teña un "reflexo" nun compromiso orzamentario "inequívoco" por parte da Xunta.
Na súa petición, o PSdeG detalla que esta "reordenación" conteña "como mínimo" unha ampliación de Montecelo que coloque o hospital "por encima das 700 camas" das que un 30% serán en habitacións individuais. Esta última porcentaxe que se elevaría ao 100% en obstetricia, oncoloxía e paliativos.
Outras peticións pasan por que o hospital conte cun mínimo de 140 prazas de hospital de día, unha ampla carteira de servizos na área médica, de cirurxía, saúde mental, críticos e servizos centrais.
Ademais quere o PSdeG que o Hospital Provincial se destine usos sanitarios non hospitalarios.
E finalmente que naqueles servizos que non se doten no CHOP, "os hospitais de referencia sexan os de Vigo".
Relacionadas:
-
Na Xunta de Persoal dos hospitais de Pontevedra desconfían da promesa de ampliar Montecelo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Lanzan unha Iniciativa Lexislativa Popular para pedir á Xunta investimentos no hospital de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Unha sentenza conclúe que os terreos do Hospital Montecelo pertencen aos comuneiros de Mourente
Por Redacción |
-
O conselleiro de Sanidade presentará unha fórmula de consenso hospitalario para Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |