Traballadores do CHOP inician en Montecelo un peche de 24 horas contra os recortes
Por Diego Espiño
A Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) iniciou na mañá deste xoves un peche de 24 horas na entrada principal de Montecelo en sinal de protesta polos recortes que están a sufrir como traballadores e os que, aseguran, están a sufrir tamén os pacientes.
O persoal sanitario quéixase dunha continua perda de dereitos laborais agravada coa redución salarial, estimada polos sindicatos nun 8% para 2013 como recoñece Carmen Revenga, presidenta da Xunta de Persoal do CHOP, "aquí hay mucho mileurista y no podemos ser nosotros los que paguemos la crisis. Nos suprimieron complementos, quitan pagas extra, no sacan plazas...".
Segundo Revenga, as medidas de contención están afectando directamente ao paciente, empezando pola atención primaria, "claro que repercute, si faltan tres médicos y no cubren su lugar la demora, por ejemplo, será mayor, pero están deteriorando la sanidad pública por todos los lados, no sólo ese".
O persoal do CHOP, xunto co dos complexos hospitalarios de Ferrol, Monforte e Cee, únense ás protestas protagonizadas este mércores na Coruña, Ourense e Barbanza.