O PSOE impulsa unha moción para que a Xunta suprima os recortes en prestacións sanitarias
Por Redacción
Os socialistas do Concello de Pontevedra presentaron unha moción para o seu debate no Pleno na que pide á corporación municipal que inste o goberno galego a suprimir, de forma inmediata, os recortes das prestacións sanitarias.
A moción, que asina o portavoz do PSdeG, Agustín Fernández, pide tamén que a Xunta permita aos profesionais sanitarios a administración dos medicamentos necesarios a cada paciente, en funcion da súa idoneidade terapéutica e non por criterios económicos e de control do déficit.
A proposta está dirixida especialmente aos afectados pola enfermidade hepática causada polo virus da hepatite C da que se estima que hai uns 30.000 pacientes con esta doenza vírica en Galicia.
"Está moi claro que os recortes aplicados á sanidade antes ou despois matan", reza o texto da iniciativa do grupo municipal do PSdeG.