Ence demora ata final de ano a súa decisión final de investimento na planta de Pontevedra
Por Redacción
O Grupo Ence "atrasará ata final de ano" a decisión final sobre os investimentos na súa fábrica de Pontevedra xa que están "suxeitas á aprobación de permisos polas autoridades", polo que os responsables da pasteira esperarán a ter eses permisos.
De modo que haberá que esperar a 2017, segundo sinala a compañía de enerxía e celulosa na presentación dos seus resultados do primeiro trimestre remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Na presentación remitida ao organismo supervisor, a compañía inclúe no seu plan estratéxico uns investimentos de 135 millóns de euros na fábrica de Lourizán, que se reparten entre melloras de eficiencia e aumento de capacidade (30 millóns de euros), unha nova depuradora de auga (15 millóns de euros), melloras ambientais (12 millóns de euros), un proxecto de integración paisaxística (4 millóns de euros) e a instalación dunha planta biomasa de 31 megawatts (74 millóns de euros).
"DESMEDIDA POLITIZACIÓN DA CONCESIÓN"
A compañía considera que "a actual situación parlamentaria" está a provocar unha "desmedida politización da concesión" e recalca que o procedemento de renovación da mesma seguiu "rigorosamente" os trámites legais.
"A proposición non de lei no ordenamento xurídico español é unha proclamación política, sen efectos xurídicos nin vinculantes para o Goberno", indica a compañía.
Relacionadas:
-
A Xunta está a traballar para que a planta de biomasa de Ence se instale en Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
Ence quere asinar un Pacto Ambiental con Pontevedra e Galicia e comprométese a invertir 176 millóns
Por Redacción |
-
Colectivos pro-saneamento da ría piden aos concellos que apoien a Marcha contra Ence do 4 de xuño
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A nova depuradora de Praceres tamén será cousa de ENCE
Por Redacción |
-
ENCE ten que ir "máis alá da propia fábrica" na súa implicación con Pontevedra, segundo Rueda
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello inicia a batalla legal contra a prórroga a ENCE
Por Alejandro Espiño |