O Concello aposta polo traslado da Policía Nacional ao antigo cuartel da Garda Civil en Casimiro Gómez
Por Oskar Viéitez
O concelleiro Luís Bará informou que o goberno local de Pontevedra aposta polo traslado da Policía Nacional ao cuartel da Garda Civil en Casimiro Gómez.
Bará sinalou que se trata dunha "alternativa mellor" que a que xestiona a xerencia de infraestruturas e equipamentos da seguridade do Estado, que é a recualificación do vello edificio da Garda Civil.
Dende o Concello proporáse ante as instancias oportunas o traslado da Policía Nacional a estas dependencias "xa que está mellor situado" para o tipo de necesidades deste corpo e "dispón de máis terreo", importante para atallar os problemas de espazo de estacionamento da Policía.
Urbanisticamente tamén resultaría "máis doado", xa que non sería preciso unha recualificación. O edificio da Policía Nacional xa está considerado como residencial no Plan Xeral, "polo que o Estado só tería que vender o edificio e coas ganancias custear a reforma do edificio da Garda Civil", dixo Bará.
A Asociación de Veciños da Eiriña ten previsto iniciar unha campaña de denuncia para que o Estado tome medidas e adecente este vello cuartel da Garda Civil.
É unha das iniciativas que porán en marcha xunto coa petición de ampliación da praza do Hospital até Doce de novembro e José Malvar ou un local para reunións. O Concello xa está a realizar na travesía da Eiriña a poda das árbores e outras pequenas obras que solicitou a asociación.
Relacionadas:
-
Os veciños da Eiriña reclaman ao Estado que adecente o vello cuartel da Garda Civil
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación no Concello e entre os veciños polo estado do antigo cuartel da Garda Civil
Por Alejandro Espiño |
-
Os bombeiros teñen que intervir por un incendio na antiga comandancia da Garda Civil
Por Redacción |