A mascota da Brilat, protagonista dos Premios Ejército do Ministerio de Defensa
Por Redacción
O ave rapaz azor que desde o ano 2013 exerce como mascota da Brilat foi este ano una das protagonistas dos Premios Exército 2016, que como cada ano desde 1945 organiza o Ministerio de Defensa. Unha miniatura da mascota e da cabo Nuria Galego, responsable da mesma, gañou a LIV edición dos premios Exército na modalidade máster de figuras de miniaturas militares.
A obra gañadora leva por título 'Del pasado honor, del presente orgullo', o lema da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (Brilat) e o seu autor é Luís Anxo Ruiz, segundo confirmou o Ministerio de Defensa.
Na obra gañadora vese unha reproducción da cabo Nuria Galego, do Batallón do Cuartel Xeral da Brilat, pousando co azor que adestra a diaro na base General Morillo da Brigada.
O fallo produciuse o 10 de abril na Academia de Cabalería de Valladolid, lugar no que durante o fin de semana celebrouse o Encontro de Miniaturas Militares deste ano, de forma simultánea co XIII Concurso-Exposición Internacional de Modelismo. Todos os gañadores daranse cita na gala de Premios Exército, que se celebrará en xuño en Madrid, na que recibirán a figura coa que son distinguidos os vencedores de todas as categorías que integran estes galardóns: Pintura Xeral, Pintura Rápida, Fotografía, Miniaturas Militares, Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais, e Ensino Escolar.