A Pontevedrada fai un chamamento para que a Ferrería se converta nunha gran marea vermella en pro da doazón
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
A marcha solidaria nocturna da Pontevedrada Pontevedra-Santiago alcanza este ano 2016 a súa sexta edición co obxectivo de que a praza da Ferrería "se convierta en una gran marea roja" que conciencie á poboación sobre a importancia da doazón de sangue, órganos e tecidos, vermella porque é a cor das camisetas que levarán os participantes e con ese obxectivo porque é o fin último da iniciativa, que a cidadanía toma concencia sobre a transcendencia dun xesto como facerse doante.
A Pontevedrada celebrarase, como cada ano, o último sábado de abril, isto é, o día 30. Sairá ás 20.00 horas da Ferrería, durará toda a noite e a madrugada e chegará o domingo a Santiago de Compostela. A dúas semanas da súa celebración xa ten máis de 600 persoas inscritas. A preinscrición pecharase o próximo 25 de abril ás 22.00 horas a través do correo electrónico pontevedrada@gmail.com ou nos números de teléfono 619566303 e 620821567 . Ademais, as persoas interesadas en participar poderán inscribirse ese mesmo sábado entre as 14.00 e as 18.00 horas.
Ademais, para facilitar a recollida de dorsais, as persoas que se inscribiran xa antes do 10 de abril poderán recollelos entre o luns 25 e o venres 29 nas instalacións da Casa Azul que o Concello de Pontevedra cedeu á asociación de amigos da Pontevedrada (Asampo) na Casa Azul. Os dorsais teñen a particularidade de que son personalizados e realizados a man en madeira por un voluntario da organización.
A marcha, convocada anualmente desde hai seis anos, presentouse este venres no Concello de Pontevedra coa participación da concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Carmen Fouces; a deputada de Deportes da Deputación Provincial, Chelo Besada; e a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López García.
Pontevedra é o quinto concello galego con máis número de doantes
As tres destacaron que a iniciativa xa se consolidou e enmarcaron este éxito no espírito solidario dos pontevedreses e a súa concienciación coa doazón. De feito, Pontevedra é o quinto concello galego con máis número de doantes, máis de 4.000, e unha taxa de doantes por habitante oito puntos superior á media galega, segundo os datos facilitados por Marisa López. A pesar das boas cifras, fan un chamamento a seguir mellorando, pois "sempre é necesario máis".
A Pontevedrada comezou no ano 2011 como unha marcha de dous amigos e converteuse xa nunha iniciativa solidiaria que o ano pasado chegou a ter máis de 1.000 inscritos. Todos é posible, segundo indicou Raúl Álvarez, un dos seus dous impulsores, grazas á implicación dos voluntarios que colaboran e da implicación da sociedade. Elena Gondar é unha desas voluntarias desde que en 2015 uniuse á marcha e xa quedou 'enganchada' ao seu espírito.
A iniciativa parte da Ferrería e supón un percorrido ininterrompido de 63 quilómetros do Camiño de Santiago desde Pontevedra ata Santiago de Compostela, pero con cinco paradas establecidas, non obrigatorias en Barro, Caldas, Valga, Padrón e Santiago. Como novidade, este ano haberá puntos de control obrigatorios para que a organización vaia controlando como van os participantes.
Non é obrigatorio terminar o percorrido, pero si se pide aos participantes que se comunique en que momento se abandona, por cuestións loxísticas. Durante todo o percorrido, os organizadores farán seguimento dos participantes, haberá coches de apoio e 'Osteópatas sen fronteiras' atenderá a quen o necesite no hotel Scala de Padrón durante a madrugada e o Hostal dous Reis Católicos do Obradoiro na mañá do domingo.
A iniciativa non ten carácter competitivo, senón un espírito solidario que fixo que cada vez máis persoas sómense. Entre os inscritos este ano hai persoas de toda Galicia, Cantabria, Castela-León, Cataluña, Madrid, Andalucía, A Rioxa e Aragón, pero tamén de fóra de España, de lugares de Portugal, Italia, Bélxica e Francia, con perfís moi diferentes.
Relacionadas:
-
'Ponti', un corazón solidario que irá pasando de man en man na Pontevedrada para agasallar vida
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Mari Carmen Barra: "Mi hijo siempre nos decía que si le pasaba algo, donáramos todos sus órganos y así algo queda aquí"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
1.200 persoas apoian as doazóns camiñando na Pontevedrada 2016
Por Mónica Patxot |
-
Abre a inscrición para a sexta 'Pontevedrada' solidaria a Santiago
Por Redacción |
-
A Pontevedrada xa ten himno
Por Redacción |
-
Asampo levará aos colexios a necesidade da doazón: "Eu dou... ti das... eles viven"
Por Natalia Puga |
-
A chuvia non pode co entusiasmo da Pontevedrada
Por Mónica Patxot |
-
Case 1.000 inscricións para a Pontevedrada 2015
Por Redacción |