O Concello de Sanxenxo confirma a Montoro que está a facer os deberes
Por Oskar Viéitez
O Concello de Sanxenxo remitiu o pasado día 31 ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, do que é titular Cristóbal Montoro, o informe de seguimiento anual do Plan de Axuste no que confirma a adopción de medidas recolleitas neste documento que foi aprobado polo Pleno da Corporación o 30 de marzo.
Entre as cuestións apuntadas polo Executivo local destaca a activación do novo relatorio de valores, a rebaixa do custo de persoal por amortización de prazas por xubilación e redución do persoal da Xerencia Municipal de Urbanismo e a disminución do persoal de confianza e da carga por contratos externalizados.
Tal e como comentou o edil delegado de Economía e Facenda, Marcos Guisasola, tamén se trasladou ao Goberno de España a información relativa á contracción do déficit nun 15% dos servizos que se financian mediante taxas e prezos públicos, que incluíu un reaxuste dos custos, os avances no reforzo da eficacia da recaudación, e a entre outras accións.
Ademais, o edil recordou que "dende o equipo de Goberno vimos promovendo outras medidas de aforro que non está contempladas no plan de axuste como é a diminución do custe de aluguer de locais ou o aforro que acadaremos coa subrogación do persoal do servizo de limpeza e conserxería en colexios e edificios públicos".