Deteñen tres pillabáns presumidos con necesidades virtuais
Por Redacción
Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría Provincial de Pontevedra detiñan tres menores de idade na tarde do sábado como presuntos autores dun delito de furto nun establecemento comercial de Pontevedra.
Os feitos aconteceron ao mediodía cando o vixilante de seguridade do Carreforu de Salcedo alertaba a Policía da presenza de tres menores, aos que o vixilante de seguridade sorprendera cando pretendían saír da tenda sen aboar varios efectos que subtraeran previamente.
Segundo os datos facilitados pola Policía Nacional portaban, ocultos entre as súas roupas e nunha mochila: dous mandos de Wii, catro frascos de colonia, dous xogos de PC, unha consola PS3, un paquete de dous xogos de PS3, e uns auriculares, ademais dunhas tesoiras coas que terían forzado o plástico no que se encontraba a consola. O subtraído alcanzaba un prezo de 514,56 Euros.
Os axentes unha vez identificados procederon a facer entrega dos menores aos seus respectivos pais e trasladaron o informe á Fiscalía.