Sanxenxo impartirá un curso de masaxe en parella
Por Redacción
O Centro de Información á Muller do Concello de Sanxenxo abriu o prazo de inscripción no curso de masaxe de relaxación en parella que impartirá os días 15 e 22.
As clases, dirixidas tanto a homes como a mulleres, desenvolveranse desde as 19.00 ás 21.00 horas, na sala de espellos do Pazo Emilia Pardo Bazán, na vila sanxenxina, e terán un prezo de dez euros por persoa.
Os interesados en sumarse a esta actividade poderán anotarse ata o martes 12, aínda que existen prazas limitadas que se cubrirán por orde de matrícula.
As persoas que precisen máis información sobre esta nova proposta municipal poden dirixirse ao CIM, situado no Centro Municipal de Servizos Sociais, en Portonovo, ou ben a través do número de teléfono 986 727 901 ou do correo electrónico cimsanxenxo@sanxenxo.es.