Incendio no transformador que abastece a Caldas a causa dun raio
Por Redacción
Na madrugada deste mércores a caída dun raio queimou por completo o transformador eléctrico que abastece ao concello pontevedrés de Caldas de Reis.
O incendio declarouse ás 5:00 horas na estación situada no lugar de Tivo.
O lume orixinouse no seu interior e calcinou o transformador de 50.000 litros de aceite que dá servizo á localidade.
Os profesionais do CAE 112 Galicia informaron os Bombeiros de Vilagarcía e ao persoal da empresa eléctrica, que se desprazaron ata o lugar. Tamén foron mobilizados efectivos do GES de Valga, de Protección e da Garda Civil, todos eles informados polo 112 Galicia.
O incendio quedou extinguido minutos antes das 6:30 horas desta mañá.