Un raio esnaquiza o campanario da igrexa de San Martiño de Meis
Por Oskar Viéitez
A caída dun raio provocou importantes danos na igrexa de San Martiño de Meis.
Segundo informou Protección Civil, o suceso produciuse sobre as 20.00 horas deste martes.
A cruz de ferro situada no alto deste templo románico do século XII actuou como pararraios, sen que estivese preparada para iso.
Como consecuencia da descarga esborrallouse parte da cúpula de ladrillo do campanario, queimouse toda a instalación eléctrica e caeuse a cruz metálica.
Ao longo da mañá do mércores técnicos do Concello de Meis valorarán os danos ocasionados.