Patinaxe, fotografía, música, postproducción, chegan os obradorios do Campus!
Por Oskar Viéitez
Abertos a toda a cidadanía, o campus de Pontevedra iniciou o prazo de matrícula para os obradoiros do segundo cuatrimestre, son seis novas propostas.
A principal novidade desta convocatoria será un obradoiro Patinaxe, unha actividade pensada especificamente para o estudantado de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Ana Belén Fernández Souto, directora da Área de Extensión Cultural e Estudantes do campus, adianta que este taller será impartido pola mundialista internacional Tamara Valderrama, unha das máximas representantes do patinaxe galego, "e ex- alumna desta Universidade".
Con 21 horas de duración que se prolongarán do 12 de marzo ao 21 de abril, o obradoiro combina unha parte teórica, que se celebrará na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, cunha práctica que se levará a cabo no Pavillón A Xunqueira II.
O profesor de Ciencias da Educación e do Deporte Uxío Pérez e o responsable do obradoiro Música e movemento para educación infantil e primaria, unha proposta alternativa "que non vai deixar indiferente a ninguén".
O éxito acadado no primeiro cuatrimestre, no que moitos interesados quedaron fóra por falla de prazas, levou a reeditar o taller Fotografía publicitaria e de moda, dirixido pola profesora Mónica Valderrama, e que se imparte na aula de fotografía e plató de cine da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
O mesmo acontece con Gravación e posprodución, "un clásico da nosa oferta de obradoiros, xa que a demanda deste tipo de formación sempre é moi alta", subliña Fernández Souto. Trátase do obradoiro de maior duración, 32 horas que se impartirán do 13 de marzo ata o 1 de maio, no estudo de gravación e son de Ciencias Sociais e da Comunicación.
A oferta de obradoiros complétase con Voluntariado, que se impartirá ao longo do mes de abril na Escola de Enxeñaría Forestal, e Comunicación, expresión e linguaxes: estratexias interpersoais e creatividade, que impartirá a especialista en desenvolvemento de habilidades persoais Charlotte Mouly. Será ao longo do mes de marzo na aula tecnolóxica da Casa da Campás.
O período de matrícula para os obradoiros permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de febreiro e o prezo roldará entre os 30 e os 40 euros para o público en xeral, cun desconto do 50% para os bolseiros da Universidade e do 25% para o resto da comunidade universitaria.