Rematan as obras de restauración da Rúa San Benito de Cambados
Por Redacción
A Rúa San Benito de Cambados loce xa o seu novo aspecto despois das obras de remodelación acometidas na zona de Fefiñáns e que tamén afectaron á Rúa Fomento, Congostra da Rianxeira e a Praza de Arousa.
Cunha tipoloxía similar á xa plasmada noutras zonas do conxunto histórico, na Rúa San Benito substituíuse o pavimento de formigón por lousa de pedra e tacos de granito.
Esta é unha das intervencións realizadas no ámbito Fefiñáns nos últimos meses para adecuar o centro histórico de cara ao paso da Vuelta a España 2013.