Piden case 6 anos de cárcere para un mozo que retivo dúas persoas ao berro de "son asasino profesional"
Por Alejandro Espiño
Cinco anos e oito meses de prisión. ÿ o que solicita a Fiscalía de Pontevedra para un mozo de Tomiño ao que se lle acusa dun delito de detención ilegal e outro de lesións. Retivo, segundo o escrito de acusación, dúas persoas no interior dun coche mentres lles apuntaba cunha escopeta, ao crer que foran os responsables do roubo no seu domicilio. Será xulgado este martes na Audiencia Provincial de Pontevedra.
O suceso remóntase ao 26 de xuño de 2009. Segundo o Ministerio Fiscal, o acusado, que se atopaba nas inmediaciones da súa vivenda, dirixiuse ao Citröen Xsara Picasso en cuxo interior estaban dúas persoas, e crendo que interviñeran no asalto e roubo á súa vivenda, ocorrido o día anterior, apuntounos cunha escopeta e obrigounos a deterse e baixar do vehículo.
A continuación, "con propósito de menoscabar a súa integridad física", propinoulles senllos golpes coa culata do arma, tirándoos ao chan e, á vez que esgrimía a escopeta de forma amenazante, obrigoulles a permanecer sentados mentres lles recriminaba a súa participación en dito roubo dicíndolles "son asasino profesional, o que teño que facer é pegarvos un par de tiros e enterrarvos nun zulo (...) se tendes algo que ver voute a matar a ti e a toda a túa familia".
O acusado mantivo retidas a estas dúas persoas durante uns 15 ou 20 minutos, o tempo que tardou en chegar a Garda Civil, que fora previamente avisada pola familia do acusado. Á súa chegada, os axentes detiveron aos dous homes que foran retidos.
Como consecuencia dos golpes recibidos, ambos homes sufriron diversas feridas que precisaron atención e coidados médicos durante un mes e deixoulles, segundo a Fiscalía, varias secuelas en forma de cicatriz.
Por estes feitos, a Fiscalía solicita cinco anos de cárcere para o acusado por un delito de detención ilegal, seis meses por un delito de lesións e outros dous meses por unha falta de lesións con uso de instrumento perigoso. Ademais, pide que indemnice aos dous retidos cun total de 12.220 euros polas lesións sufridas e as secuelas que lles deixou este incidente.