Indignación na CIG e na Escola de Restauración ante "unha nova cacicada da Consellería de Educación"
A Consellería de Educación encheu de indignación aos membros do equipo da Escola de Restauración de Pontevedra e da CIG, ante o que segundo eles é unha adxudicación irregular de prazas.
Normalmente son a falta de emprego e de prazas as protagonistas das demandas, pero neste caso ocorre o contrario. Denúnciase desta maneira, que desde a Consellería de Educación outorgouse unha praza vacante con "nomes e apelidos", para a especialización de Conservación e Restauración de Documento Gráfico. Esta rama non se imparte na escola e soamente unha persoa tiña coñecemento da súa existencia.
Desta maneira, os membros do profesorado da Escola de Restauración acompañados polo secretario comarcal da CIG Ensino, Xacobe Rodríguez, admitían que non era a primeira vez que se tentaba conceder "a medida" unha vacante para esta persoa, xa que "non ano 2013 xa introducirase irregularmente esa mesma persoa nas listaxes de interinos e interinas". Convértese así na "única persoa en todo o estado español que pediu esa praza, loxicamente porque esa especialidade non existe".
"Cando falaban da lei de transparencia pensámonos que a transparencia era outra cousa, non facer os enchufes tan transparentes", engadía o secretario comarcal. Denúnciase tamén que desde a propia Consellería de Educación non saben contestar as peticións de ambas as entidades, porque descoñecen todo o relacionado co tema.
Por outra banda, Fernando Carrera, representante do profesorado e ex director do centro, sinala que "é innecesaria esa praza na escola", indicando que no caso de necesitar algunha praza, serían para outras especializacións. Ademais, para que esta persoa formase parte do equipo educativo faría falta prescindir doutro membro actual, o que provocaría "falta de calidade docente". Segundo Carrera, son constantes as ameazas emitidas desde a Consellería a todos os membros do claustro, co obxectivo de silencialos.
Esta situación tentarase frear por medio das partes afectadas con todos os métodos posibles, facendo referencia á mobilización ou aos tribunais como medida para deter toda esta situación irregular de "enchufismo".
Relacionadas:
-
Piden a dimisión da conselleira de Educación por defender o "enchufe", confirmado polo Supremo, dunha profesora en Restauración
Por Anxo Lourido |
-
Denuncian ante a Fiscalía o "enchufe" dunha docente na Escola de Restauración
Por Redacción |
-
Concéntranse ante a Xunta para denunciar un caso de enchufe en Restauración
Por Redacción |
-
Alumnos da Escola de Restauración insisten en pedir a súa integración na universidade
Por Redacción |
-
A Xunta nega que haxa "amiguismo" na concesión dunha vacante en Restauración
Por Anxo Lourido |
-
Os socialistas reclaman a integración da Escola Superior de Restauración no sistema universitario
Por Redacción |
-
Desplante dos alumnos da Escola de Restauración ao conselleiro de Cultura
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |