Louzán presenta por quinta vez a súa candidatura á presidencia do PP provincial
Por Oskar Viéitez
O presidente provincial do Partido Popular en Pontevedra, Rafael Louzán, presentará a súa candidatura á reelección á xunta directiva provincial.
"Pois si, presentaremos unha candidatura en tempo e forma", confirmou Louzán.
Farao ante a xunta directiva convocada para esta tarde e "está prevista unha xuntanza con posterioridade a esta reunión e alí falaremos".
ÿ unha reunión que ten sinalada o PP para convocar o congreso provincial do mes de marzo na que se falará da comisión organizadora e de "cuestións de ámbito propio de partido", sinalou Louzán.
"En base á aprobación que se fixo no último comité executivo nacional para a celebración do congreso agora faltaba a aprobación por parte da xunta directiva provincial".
Será a quinta vez que se presente. Co que Louzán estendería o seu mandato como presidente provincial desde o ano 2000 e ata o 2017.