20.000 leguas de experiencia submarina abertas ao público na Escola Naval
Por Diego Espiño
Notable afluencia de público á xornada de portas abertas convocada pola Escola Naval de Marín para dar á cidadanía a oportunidade de coñecer en profundidade o submarino 'Mistral'.
Acompañados de varios oficiais e en pequenos grupos, todos os que se achegaron á instalación militar puideron coñecer un submarino de combate, a súa historia e mergullarse no seu interior. Unha experiencia única que gozaron sobre todo os máis pequenos.
Construído en 1983 e entregado á Armada Española en 1985, o Mistral leva xa 30 anos en servizo velando polos intereses navais de España.
Equipado de modernos equipos de detección e sistema de armas, participou en diversas operacións e exercicios integrado en agrupacións nacionais e xunto a países aliados en Europa e África, segundo sinalan desde a Escola Naval.
A dotación deste submarino é de 66 persoas, que poden permancer mergullados baixo o océano ata 45 días seguidos.
O Mistral permanecerá no porto da Escola Naval Militar ata o vindeiro martes 5 de abril, tempo no que realizará varias saídas á mar para instrución e adestramento dos alumnos da Escola.
Relacionadas:
-
Portas abertas na Escola Naval Militar para visitar o submarino "Mistral"
Por Redacción |
-
Xornada de portas abertas na Escola Naval para visitar o buque 'Audaz' da Armada
Por Redacción |
-
O submarino "Tramontana" fai escala en Marín
Por Redacción |
-
Inmersión a bordo dun submarino
Por Elena Álvarez Quintá & Mónica Patxot |