Cidadáns denuncia a prórroga á empresa encargada do Servizo de Axuda ao Fogar
María Rey, portavoz do grupo municipal Cidadáns, tachou de "vergoñosa" a situación de precariedade que viven as traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar; un servizo que corre a cargo da empresa concesionaria, Clece, coa que o goberno local asinou un convenio en 2011 por un período de cinco anos.
Tras estes cinco anos, os nacionalistas decidiron prorrogar a concesión da empresa durante un ano máis, a pesar dos problemas acaecidos con esta. En 2013, o goberno abriu 6 expedientes contra Clece por incumprimento de servizos non prestados.
Ademais do cobro de máis de 30.000 euros por estes servizos non prestados, a empresa incumpriu o establecido no convenio laboral e de servizos a domicilio, xerando unha situación de precariedade para as traballadoras. Durante a mañá deste venres 1 de abril, a portavoz de Cidadáns manifestou que non entende como "un servizo que ascende a 854.000 euros anuais estea en mans dunha empresa que non cumpre o convenio".
A edil do grupo destacou que "Clece incumpre co descanso laboral, non presenta o calendario laboral e as traballadoras cotizaban por baixo do que estaban obrigadas, o que supón unha fraude de lei á Seguridade Social". Así, María Rey considera esta situación como unha "mala xestión do grupo de goberno e unha actuación cunha absoluta falta de moral por parte do bloque".
Relacionadas:
-
Clece seguirá seis meses co servizo de ayuda no fogar, á espera do novo contrato
Por Alejandro Espiño |
-
O PP alerta do limbo no que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Sen lista de espera para o Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Os populares esixen ao goberno local que supervise ás empresas adxudicatarias
Por Redacción |
-
Críticas ao goberno local por "pechar as portas" aos traballadores do servizo de axuda no fogar
Por Redacción |
-
Tramitan unha nova adxudicación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar en Pontevedra
Por Redacción |