A Lama solicita o ingreso en Terras de Pontevedra
Por Redacción
O Pleno da Corporación Municipal da Lama aprobou por unanimidade de todos os concelleiros asistentes tramitar a solicitude para incluír ao Concello no organismo autónomo Terras de Pontevedra para potenciar e divulgar a oferta turística co fin de conseguir atraer máis visitantes e dinamizar o municipio desde o punto de vista económico.
A intención da corporación é promocionar as distinta rutas de sendeirismo, a oferta gastronómica, festiva e monumental que presenta o municipio así como a beleza paisaxística en torno ao río Verdugo e Oitavén.
Os concelleiros apostaron por realizar labores de mantemento nas rutas de sendeirismo existentes e tentar a homologación dalgunha, así como poñer en marcha e divulgar dúas novas que discorrerán entre Verducido e Liñares e A Fírveda e Covelo.
LIMPEZA DE ESTRADAS
Entre outras cuestións, que tamén aprobou por unanimidade o Pleno, foi a moción presentada por Cidadáns, aínda que transaccionada polo PSdeG-PSOE e o PPdeG, mediante a cal se insta a que o Concello se dirixa a outras administracións, como Xunta e Deputación, para que se axilice a limpeza das estradas da súa titularidade e evitar que as intensas choivas provoquen danos en propiedades polo desbordamento das cunetas que se atopan sen limpar.
Finalmente, no capítulo de rogos e preguntas, o concelleiro socialista Enrique Vaqueiro pediu ao alcalde que recibise aos membros da Plataforma Fusión Non entre Cerdedo e Cotobade, ao cal accedeu o rexedor.