Ponte Sampaio adiántase ao entroido coa "Corrida do Galo"
Por Redacción
Un ano máis Acevedo, en Ponte Sampaio, adiántase ao entroido coa tradicional "corrida do galo".
Todo un día de celebración con festa gastronómica ou xogos infantís que preceden ao acto principal da xornada. Despois de admirar os galos que chegan ao recinto dentro de gaiolas vistosamente adornadas, os máis pequenos participan na solta perseguindo ao "kiriko" co obxectivo de levalo á casa se logran atrapalo.