Denuncian as malas condicións nas que se atopa a fervenza de Fridauga no monte Xiabre
Por Redacción
Dende o ano 2015, as asociacións Umia Vivo e A Forneiriña veñen denunciando ante diversas institucións as repetidas agresións que está a sufrir a fervenza de Fridauga no monte Xiabre. Esta fervenza atopase situada no río Ameixeiras preto do petróglifo da Laxe dos Bolos, que constitúen un atractivo paisaxístico para gozar do monte
A pesar deste valor ambiental, a maquinaria pesada dos traballos de roza provoca danos na paisaxe. Nos últimos días, ambas asociacións comprobaron que a desfeita da fervenza agravouse coa alteración do leito do río e o entorno debido a esta maquinaria e á colocación de dous postes de cemento.
Estes dous colectivos remitiron as súas denuncias ante as Consellerías de Medio Rural, Medio Ambiente, Industria, Augas de Galicia, Cultura e Valedor do Pobo, esixindo a reparación dos danos.
Tamén piden cordura na xestión do monte, debido aos seus valores medioambientais e culturais.