O 90% dos pacientes con cancro senten que os recortes afectan ao seu tratamento
Por Oskar Viéitez
Nove de cada dez pacientes con cancro enquisados pensan que a situación de crise económica do noso país está afectando ao seu tratamento, segundo evidencia unha enquisa realizada por varias asociacións de enfermos oncolóxicos cuxo obxectivo é poñer de manifesto os sentimentos, preocupacións, expectativas das persoas afectadas por esta patoloxía.
As diferenzas entre comunidades autónomas e/ou hospitais na utilización de terapias oncolóxicas innovadoras (55,4%), seguido polo aumento das listas de espera (54,9%), son os dous aspectos nos que os recortes fanse máis notables, segundo a percepción dos pacientes.
Con motivo da celebración o 4 de febreiro, do Día Mundial contra o cancro, os afectados por este patología queren poñer de manifesto tamén, a súa preocupación nun 36,9% dos casos polos atrasos na chegada ao noso país de novos tratamentos.
Que senten os pacientes con cancro?, é unha iniciativa impulsada pola Asociación de Afectados por Melanoma (aAMelanoma), Asociación Española de Afectados de Cancro de Pulmón (AEACaP), Asociación de Afectados por Cancro de Ovario (Asaco), Asociación de Afectados por Tumores Cerebrais en España (ASATE), EuropaColon España e Federación Española de Cancro de Mama (FECMA), e que conta coa colaboración de Roche.