Centos de inmobles eluden o pago do catastro
Por Alejandro Espiño
Un millón de euros. ÿ a cantidade que espera recadar o Concello de Pontevedra durante os dous próximos anos cunha nova actualización do catastro. Afecta ás vivendas de nova construción que non foron dadas de alta ou a aquelas que realizaron reformas e ampliacións e que non foron comunicadas. Pagan, polo tanto, menos impostos do que deberían, especialmente en relación ao IBI.
Nun primeiro varrido, realizado por unha empresa contratada a tal fin, o Concello de Pontevedra detectou 223 inmuebles en situación irregular. Son edificacións das parroquias de Lourizán, Salcedo, Tomeza e Marcón. Pero o goberno municipal sospeita que, sumando o resto de parroquias e o núcleo urbano, poden chegar ao milleiro. Mediante un concurso negociado, no que o Concello investirá 72.000 euros, localizaranse as restantes.
Entre os inmobles afectados non só hai vivendas particulares. Segundo o voceiro municipal, Raimundo González, hai empresas e edificios de administracións públicas que tampouco regularizaron a súa situación. Entre elas, destacou os casos da residencia da terceira idade de Campolongo, o Pazo Montero Ríos de Lourizán, propiedade da Deputación, a última ampliación realizada en Montecelo ou o centro de saúde de Monte Porreiro.
Raimundo González explicou que o goberno municipal quere resolver este asunto por un principio de "xustiza distributiva", xa que indicou que "non é xusto que uns paguen máis que outras tendo ou mesmo". Malia esta irregularidade catastral, o voceiro municipal descartou que, na maioría dos casos, haxa un interese fraudulento, si non que "máis ben desidia ou pensan que xa ou estaban pagando de oficio".
Ademais, na Xunta de Goberno, o Concello de Pontevedra solicitou a desafección definitiva dos 3.500 metros cadrados que ocupa, en terreos afectados pola Lei de Costas, o colexio público de Ponte Sampaio, "un caso que se pode comparar ao de ENCE", dixo Raimundo González. Con esta petición, o goberno municipal pretende que o centro escolar "deixe de estar nunha situación de inseguridade".