Novo éxito da representación da Paixón en Paradela
Por Redacción
A representanción da Paixón de Cristo en Paradela, Meis, é unha cita habitual da Semana Santa na provincia ata o punto de que esta actuación converteuse nunha celebración de Interese Turístico autonómico, que leva celebrando desde hai décadas.
Este ano, a novidade da representación estivo na utilización dos diálogos en lingua castelá. Segundo o Concello de Meis, con este cambio, gran cantidade de espectadores chegados doutras provincias puideron gozar dos diálogos dos intérpretes e entendelos para unha mellor comprensión da escenificación.
Durante este Venres Santo, continuará a representación coa posta en escena do Vía Crucis, a Crucifixión de Jesús e o Desencravo. Durante a noite do Xoves Santo presentáronse as escenas da última cea de Jesús cos seus apóstolos, o prendimiento e o xuízo do Sanedrín.
O alcalde da vila, José Luis Pérez, acudiu a esta actuación e felicitou á repartición formada por membros da Confraría.