Quere Ponte Caldelas sumarse á área metropolitana de Vigo?
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, sorprendeu a todos. En declaracións a Radio Vigo, deixou entrever o interese do seu concello por explorar a posibilidade de integrarse na futura área metropolitana da cidade olívica.
Á volta de Semana Santa prevé manter unha reunión co seu homólogo vigués, Abel Caballero, para sondar a devandita posibilidade. Entende Andrés Díaz que os veciños do municipio veríanse beneficiados dos servizos que podería compartir cos concellos da área de influencia de Vigo.
Pero esta iniciativa non gusta no Partido Popular. A súa portavoz, Inés Sánchez, asegura que Ponte Caldelas "nunca estivo vinculada a Vigo" e lembra que ten Pontevedra a "escasos" trece quilómetros, formando parte da súa comarca.
"Isto só responde á necesidade deste señor de opinar de todos os asuntos que ocorren en Galicia para acaparar protagonismo, menos dos asuntos dos veciños de Ponte Caldelas", sinala a portavoz popular.
Para ela, tras dez meses de tripartito "dos únicos feitos que pode presumir é de facer fotos para o facebook e ir de festa en festa", pero denuncia que "feitos tanxibles para o veciños cero".
Relacionadas:
-
Díaz e Caballero proxectan o ingreso de Ponte Caldelas na Área Metropolitana de Vigo para aforrar servizos
Por Redacción |
-
Andrés Díaz reunirase con Abel Caballero para valorar a integración de Ponte Caldelas na Área Metropolitana de Vigo
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas critica o "localismo máis facilón" do popular Jacobo Moreira
Por Oskar Viéitez |
-
No PP de Pontevedra preocupa a intención de Ponte Caldelas de integrarse na Área Metropolitana de Vigo
Por Oskar Viéitez |
-
Cubela replícalle ao alcalde de Ponte Caldelas que "deixe de buscar protagonismo" a conta do proxecto de fusión
Por Redacción |
-
Fusión de Ponte Caldelas con: A Lama, Cotobade ou Soutomaior?
Por Redacción |